Os teus e-dereitos
DECÁLOGO UNICEF: Os e-dereitos dos nen@s
01.Dereito ao acceso á información e á tecnoloxía, sen discriminación por motivo de sexo, idade, recursos económicos, nacionalidade, etnia, lugar de residencia, etc. En especial este dereito ao acceso aplicarase aos nenos e ás nenas con discapacidade. | 06.Dereito á intimidade da comunicación por medios electrónicos. Dereito a non proporcionar datos persoais pola Rede, a preservar a súa identidade e a súa imaxe de posibles usos ilícitos. |
02.Dereito á libre expresión e asociación. A buscar, recibir e difundir información e ideas de todo tipo por medio da Rede. Estes dereitos só poderán ser restrinxidos para garantir a protección dos nenos e nenas de información e materiais prexudiciais para o seu benestar, desenvolvemento e integridade; e para garantir o cumprimento das leis, a seguridade, os dereitos e a reputación doutras personas | 07.Dereito ao lecer, á diversión e ao xogo, tamén mediante Internet e outras novas tecnoloxías. Dereito a que os xogos e as propostas de ocio en Internet non conteñan violencia gratuíta, nin mensaxes racistas, sexistas ou denigrantes e respecten os dereitos e a imaxe dos nenos e nenas e doutras persoas. |
03.Dereito dos nenos e nenas a ser consultados e a dar a súa opinión cando se apliquen leis ou normas da Internet que lles afecten, como restriccións de contidos, loita contra os abusos, limitacións de acceso, etc. | 08.Os pais e nais terán o dereito e a responsabilidade de orientar, educar e acordar cos seus fillos e fillas un uso responsable de Internet: establecer tempos de utilización, páxinas que non se deben visitar ou información que non deben proporcionar para protexelos de mensaxes e situacións perigosas, etc. Para iso, os pais e nais tamén deben poder formarse no uso de Internet e informarse dos seus contidos. |
04.Dereito á protección contra a explotación, o comercio ilegal, os abusos e a violencia de todo tipo que se produzan empregando Internet. Os nenos e nenas terán o dereito de empregar Internet para protexerse deses abusos, para dar a coñecer e defender os seus dereitos. | 09.Os gobernos dos países desenvolvidos deben comprometerse en cooperar con outros países para facilitar o acceso de estes e os seus cidadáns, e en especial dos nenos e nenas, a Internet e outras tecnoloxías da información para promover o seu desenvolvemento e evitar a creación dunha nova barreira entre os países ricos e os pobres. |
05.Dereito ao desenvolvemento persoal e á educación, e a todas as oportunidades que as novas tecnoloxías como Internet poidan achegar para mellorar a súa formación. Os contidos educativos dirixidos aos nenos e nenas deben ser axeitados e promover o seu benestar, desenvolver as súas capacidades, inculcar o respecto aos dereitos humanos e ao ambiente e preparalos para ser cidadáns responsables nunha sociedade libre. | 10.Dereito a beneficiarse e a empregar no seu favor as novas tecnoloxías para avanzar cara a un mundo máis saudable, máis pacífico, máis solidario, máis xusto e máis respectuoso co ambiente, no que se respecten os dereitos de todos @s nen@s. |
0 comentarios:
Publicar un comentario